domingo, 26 de mayo de 2019

COÑECENDO A ARQUITECTURA RELIXIOSA DE ARZÚA CO ALUMNADO DE 5º E 6º

Os alumnos e alumnas de 5º e 6º estivemos traballando sobre a Arquitectura relixiosa no concello de  Arzúa (cruceiros, igrexas, capelas...) como parte importante do noso patrimonio cultural e  queremos compartilo con todos vos.

As igrexas parroquiais seguen practicamente todas o mesmo esquema arquitectónico, de carácter sinxelo e práctico, con poucos elementos ornamentais, destacando a espadaña no exterior e os retablos no interior. Pertencen, case na súa totalidade, ao século XVIII, e algunhas ao XIX, e probablemente se construíron sobre outras máis antigas, quizáis románicas, como suxiren algúns restos conservados. Un exemplo é o capitel románico que vemos sobre o ventanuco do prebisterio de Boente, e sobre todo na igrexa de San Pedro da Mella, que conservou a parte principal da súa construción do século XII.

En canto aos cruceiros, no concello de Arzúa non abondan os cruceiros históricos, pese a estar no Camiño de Santiago, pero ten dous, de estilos e características ben diferenciadas, que merecen unha mención especial: un en Rendal e outro en Santa María.

Igrexa de Santiago de Arzúa

Capela da Madalena Arzúa

Cruceiro de Rendal

Cruceiro de Santa María

Igrexa de Santa María de Arzúa

Igrexa de San Vicente de Burres

Igrexa de Santa Leocadia de Branzá

Igrexa de San Martiño de Calvos

Igrexa de San Pedro da Mella
Igrexa de San Cosme de Oíns

Igrexa de Santa María de Arzúa

Igrexa de Santa María de Maroxo

Igrexa de Santa María de Viladavil
Capela da Mota en San Estevo do Campo

Igrexa de Santo Estevo de Pantiñobre

Igrexa de  San Pedro de Lema

Igrexa de Santiago de Boente



No hay comentarios:

Publicar un comentario

CONCURSO " COÑECE O TEU CONCELLO"