domingo, 31 de marzo de 2019

VISITA A FONTE DA QUENLLA

O alumnado de 4 anos A realizamos unha pequena camiñata a Fonte da Quenlla, o mesmo tempo que aproveitamos para observar os cambios que se están a producir coa chegada da primavera. E...que tal unha merenda de campo? Unha idea fantástica!! Aquí vos ensinamos unhas fotiños para amosarvos que ben o pasamos.






viernes, 29 de marzo de 2019

REPASANDO A NOSA COMARCA

Esta semana o alumnado de 4 anos A quixemos fundir o noso eixe vertebrador de este curso co que estamos aprendendo no eido da robótica. A nosa idea foi crear un mantel Arzua para repasar o que le vamos aprendido durante este curso. E así nos quedou.... Agora toca o turno de tirar o dado e comenzar a xogar paseando ao noso bee bot pola nosa Vila de Arzua!

domingo, 24 de marzo de 2019

MURAL DO TRAMO DO CAMIÑO DE SANTIAGO:BOENTE-ARZÚA

O alumnado de 5ºB foi recollendo información sobre o tramo do Camiño de Santiago que vai desde Boente ata Arzúa e descubriu cousas moi interesantes. Por exemplo, descoñeciamos que houbese uns fornos de cal na Castañeda, que a igrexa de Boente ten dous reloxos colocados nas paredes exteriores (un deles está pegado a un reloxo de sol), que a pedra dos edificios do Concello de Arzúa e da Casa da Cultura veu do Mosteiro de  Sobrado dos Monxes...
Cando fagamos este tramo do Camiño de Santiago contarémosvos máis anécdotas!!











martes, 12 de marzo de 2019

LENDA DA FONTE DA QUENLLA

En 4 anos A rematamos co estudio da lenda de A FONTE DA QUENLLA.
Unha actividade na que puidemos traballar diferentes áreas e competencias do noso ciclo e este foi o resultado final: caras de satisfacción ao ver rematada a nosa actividade despois dun bo traballo en equipo !! E agora a poñer en práctica as nosas aptitudes teatrais  representandoa cos nosos títeres!

domingo, 3 de marzo de 2019

A FONTE DA QUENLLA EN 4 ANOS A.

Este e o título de este ano do noso eixe vertebrador do cole.
Comenzamos estudiando o noso escudo e os Pazos da vi la, pero esta semana contamos  unha lenda... a LENDA DA FONTE DA QUENLLA.
Atrevemonos a imaxinar as suas personaxes e asi de chulas nos quedaron!









https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEjp7BxmRjNZTaWQvNtiF-QBEoN6E-AryYiFt-KTGLFCpMyyuvrERM234oGAmPloo7vH0cGdvASi2T4KlZb7WqmKUUM1RT5OXxLmJF5NtPyQfLVh5Dz8F-3RHJmeZ5CaZeP9PH3xFCjw7R1z/s1600/20181026_140407.jpg

Prontiño vos amosaremos o resultado final...

CONCURSO " COÑECE O TEU CONCELLO"