As igrexas parroquiais seguen practicamente todas o mesmo esquema arquitectónico, de carácter sinxelo e práctico, con poucos elementos ornamentais, destacando a espadaña no exterior e os retablos no interior. Pertencen, case na súa totalidade, ao século XVIII, e algunhas ao XIX, e probablemente se construíron sobre outras máis antigas, quizáis románicas, como suxiren algúns restos conservados. Un exemplo é o capitel románico que vemos sobre o ventanuco do prebisterio de Boente, e sobre todo na igrexa de San Pedro da Mella, que conservou a parte principal da súa construción do século XII.
En canto aos cruceiros, no concello de Arzúa non abondan os cruceiros históricos, pese a estar no Camiño de Santiago, pero ten dous, de estilos e características ben diferenciadas, que merecen unha mención especial: un en Rendal e outro en Santa María.